martes, octubre 11, 2005

MUDEIME

tren

Estiven un Zorro01_1ano en Typepad , pasou moi axiña; teño que recoñecer que e un bo sitio, pero por cousas alleas o servicio vexome na obriga de cambiar. Dende que veu o euro non hai cartos que cheguen...hai que quitar dun sitio para poder meter noutro. Todolos que veñades por aqui somentes tedes que premer  NA MIÑA NOVA CASA  e alí estarei; namentras teña algunha trapallada para contar non deixarei de facelo....

Posted by Pepe Penas en Weblogs | Permalink | Comentarios (0) | TrackBack (0)

sábado, octubre 01, 2005

COUSAS DO LIXO

cochespecial

AMARELO.-Se custara cartos emporcallar as praias iamos ficar sen traballo
VERDE.-Pois daquela e mellor que siga sendo de balde

Posted by Pepe Penas en Babecadas | Permalink | Comentarios (3) | TrackBack (0)

jueves, septiembre 29, 2005

TRES EN RAIA

cochespecial

Se falamos de comer..non hai dubida..son tres mazás. Se falamos de música poderiamos estar cavilando nos Tres Sudamericanos, no Trío Siboney, no Trío os Panchos ou nos Tres Soles do Paraguay. Se falamos doutras cousas quizais nos veñan o sentido as tres fillas de Elena, aquelas que ningunha era boa, o Terceiro Reich ou a Terceira República. Se pechamos os ollos e volvemos a cando eramos nenos, coido que non podería haber mellor cousa que maxinar que vimos de rematar o xogo de tres en raia...¡ e gañamos !

Posted by Pepe Penas en Vino cos meus ollos | Permalink | Comentarios (3) | TrackBack (0)

miércoles, septiembre 28, 2005

FORA ATRANCOS

cochespecial

Novo protipo de vehiculo feito en Pontevedra; por mor dos atrancos nas estradas durante os meses do verán, un carpinteriro de ribeira comezou este anos os ensaios dun coche para que a xente non estea agoniada cando ten que ir a praia. Tal coma se pode ver na foto tanto pode andar pola auga coma pola terra. Polo visto para o vindeiro ano xa estarán rematados os ensaios e xa se poderá principiar  a fabricar.

Posted by Pepe Penas en Vino cos meus ollos | Permalink | Comentarios (1) | TrackBack (0)

sábado, septiembre 17, 2005

REFRAN

canregando

Este non é un can calquera, coido que é deses que lle chaman policías...tivo estudios e aprendeu algún que outro refrán, hai un que lle ven todolos dias o maxin:

Quen a boa árbore se achega
boa sombra o acubilla

Listo como é de seguida se decatou de que esa arbore tiña que medrar para que o refrán fora verdade. Non quixo perder o tempo e comezou a regalo para que medrará axiña...

Posted by Pepe Penas en As fotos falan | Permalink | Comentarios (0) | TrackBack (0)

 
<$MTStatsScript$ >