jueves, septiembre 29, 2005
TRES EN RAIA

Se falamos de comer..non hai dubida..son tres mazás. Se falamos de música poderiamos estar cavilando nos Tres Sudamericanos, no Trío Siboney, no Trío os Panchos ou nos Tres Soles do Paraguay. Se falamos doutras cousas quizais nos veñan o sentido as tres fillas de Elena, aquelas que ningunha era boa, o Terceiro Reich ou a Terceira República. Se pechamos os ollos e volvemos a cando eramos nenos, coido que non podería haber mellor cousa que maxinar que vimos de rematar o xogo de tres en raia...¡ e gañamos !
Posted by Pepe Penas en Vino cos meus ollos | Permalink | Comentarios (3) | TrackBack
miércoles, septiembre 28, 2005
FORA ATRANCOS

Novo protipo de vehiculo feito en Pontevedra; por mor dos atrancos nas estradas durante os meses do verán, un carpinteriro de ribeira comezou este anos os ensaios dun coche para que a xente non estea agoniada cando ten que ir a praia. Tal coma se pode ver na foto tanto pode andar pola auga coma pola terra. Polo visto para o vindeiro ano xa estarán rematados os ensaios e xa se poderá principiar a fabricar.
Posted by Pepe Penas en Vino cos meus ollos | Permalink | Comentarios (1) | TrackBack
sábado, septiembre 17, 2005
REFRAN

Este non é un can calquera, coido que é deses que lle chaman policías...tivo estudios e aprendeu algún que outro refrán, hai un que lle ven todolos dias o maxin:
Quen a boa árbore se achega
boa sombra o acubilla
Listo como é de seguida se decatou de que esa arbore tiña que medrar para que o refrán fora verdade. Non quixo perder o tempo e comezou a regalo para que medrará axiña...
Posted by Pepe Penas en As fotos falan | Permalink | Comentarios (0) | TrackBack


Es de Marta
Para Magda
Para Marta